Breve resumo do acontecido no pasado Master de Galicia de Campións.
ALVARO MUÑIZ VENCE NO I MASTER DE CAMPIONS DE GALICIA 8/01/2012
Alvaro Muñiz a bordo dun Lotus Exige impuxose no 1º Master de Campións de Galicia, tras unha intensa loita na final onde se enfrontou con Victor Senra que pilotaba un Peugeot 306 Maxi. Terceiro seria Jose J. Couto, único piloto que conducía un speed car na final do domingo e cuarto Jaime Castro cun Citroën Saxo Kit Car.
O podio formado por Muñiz, Senra, Couto e Castro.
Muniz co Lotus Exige durante o Master de Campións.
O 1º Master de Campións de Galicia, que se levou a cabo no Recinto Feiral de Amio de Santiago de Compostela, nun trazado con zonas moi rápidas e espectaculares tanto para pilotos como para os afecionados que se acercaron este fin de semana a Compostela, tivo como protagonistas a diversos pilotos galegos de diferentes modalidades automovilísticas, principalmente rally, pero tamén de karting e autocross.
A
primeira tanda de eliminatorias celebrouse o sábado onde 33 pilotos enfrontáronse por acadar unha das catro prazas que lles permitía acceder á final do domingo. Os vencedores foron Javier García (Opel Ascona), Jose J. Couto (Speed Car), David Grandal (Clio R3) e Celestino Iglesias (Ford Fiesta). Entre tanda e tanda o público tamén puido disfrutar dunha exhibición de varios pilotos de karting.
Sergio Vallejo non puido acadar a final por un trompo nos cuartos de final.
Víctor Senra e Pose durante un dos enfrontamentos.
O domingo celebráronse as rondas finais, onde se enfrontaron varios dos mellores pilotos galegos, coma Sergio Vallejo (Porsche 997 GT3), Alvaro Muñiz (Lotus Exige), Manuel e Victor Senra (Peugeot 306 Maxi), Pais (Mitsubishi Lancer Evo IX), Luis Penido (Mitsubishi Lancer Evo VI) ou J. M. Pose (Subaru Impreza WRC), e os catro clasificados do dia anterior.
Fora de carreira tamén estivo o piloto asturiano Alberto Hevia, campión de España de rallyes, que fixo disfrutar ao público presente coa sua pilotaxe, e a varios afeccionados, gañadores dun concurso organizado polo Grupo Brea que tiveron a sorte de acompañar a Hevia nun Skoda Fabia.
A Escuderia Compostela quere agradecer a presenza de todolos pilotos que participaron, así coma ós afeccionados presentes, que tiveron un comportamento exemplar, e por suposto, ao Concello de Santiago,
Grupo Brea, APV Motor, Otero Caritón e Caeiro.
Finalmente os dias 7 e 8 de xaneiro do ano que está por vir, a Escuderia Compostela levará a cabo o
I MASTER DE CAMPIONS DE GALICIA, no Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela. Regulamento particular.
MOI MPORTANTE:
A Escuderia Compostela comunica a todos os pilotos inscritos na 23º edición do Rali Botafumeiro e a todos os afecionados que se ve na obriga de aplazar por causas totalmente alleas a sua vontade para os dias 16 e 17 de decembro.
A decisión canto menos, dura e dificil de tomar, tendo en conta que todo, absolutamente todo estaba previsto para as fechas marcadas no calendario da Federacion Galega, 9 e 10 de decembro.
A Escuderia Compostela entende o enfado que esto poida xerar a pilotos e afecionados e so lle queda pedir disculpas polor problemas que poida causar, pero a decision era esta, ou ANULAR a proba. Tan so se espera que a decisión tomada non vaia en detrimento dun rali castigado por problemas alleos a organización e que os próximos dias 16 e 17 de decembro os pilotos ofrezcan un bonito espectaculo e os afecionados que acudan axuden co seu bo comportamento e a proba sexa un éxito total.
Comunicado: Ante o interés mostrado por varios pilotos que actualmente están inscritos na Copa de Galicia de Clásicos, o Comité Organizador do XXIII Rali Botafumeiro toma a decisión de admitir aos mesmos, polo que se modifica o Artigo núm 2 do Regulamento do Rali, pasando este a quedar da seguinte maneira: Artigo 2.‐ PUNTUABILIDADE.
O XXIII Rali Botafumeiro é puntuable para os seguintes campeonatos e Trofeos:
‐ Campionato de Galicia de Rallyes sobre asfalto (Grupos N, A e X), con coef.6
‐ Copa de Galicia de Rallyes para pilotos (Grupos N, A e X)
‐ Copa de Galicia de Rallyes para navegantes (Grupos N, A e X)
‐ Copa de Galicia de Rallyes para o grupo N
‐ Copa de Galicia de Rallyes para o grupo A
‐ Copa de Galicia de Rallyes para o grupo X
- Copa de Galicia de Clásicos ‐ Copa de Galicia de Rallyes para Escuderías (Grupos N, A e X)
‐ Copa de Galicia de Rallyes para Marcas (Grupos N e A)
‐ Copa Top Ten Driver Pirelli 2011 ‐ Volante RACC‐Galicia 2011
‐ Copa Kumho 2011 ‐ Copa Racing Sport 2011
Nota importante: Comnícase a todos os pilotos que non se entregará regulamento oficial da proba. Toda persoa que o desexe poderá baixalo aqui.
VICTOR SENRA ÁLZASE COA VICTORIA NO XXII RALI BOTAFUMEIRO. 15/11/2010
Víctor Senra non concedeu opcións nun rali complicado pola metereoloxía, e levouse a victoria co Peugeot 306
co que xa gañara seu pai en Santiago.
Tan só Jose Miguel Martinez "Bamarti", puido co ritmo de Senra, ata que tivo que abandonar por unha avería mecánica.
O podio completárono Alejandro Bermúdez con un Mitsubishi Lancer Evo X e Pablo Silva con un
Mitsubishi Lancer Evo VI.
Con respecto as copas Alberto Otero impúxose no Volante RACC Jr, Yago Varela na Top Ten Driver Pirelli, Jose Manuel Lista no Volante RACC, David García na Kumho ASR, Francisco Lopez na Kumho Jr. e Jose Manuel Espiño na Curuxarallye - Piston Cup.
LISTA DE INSCRITOS. 12/11/2010
Lista de inscritos para o XXII Rali Botafumeiro. Contamos con 122 participantes, o orden de salida non é o definitivo. Descargar:
Actualización: lista de inscritos final con orden de saída + últimos añadidos.
XXII RALI BOTAFUMEIRO. 4/11/2010
As inscripcións para o XXII Rali Botafumeiro xa está aberta.
Este ano contaremos con importantes novidades,
entre elas incluese: a presenza de Alberto Heiva nas instalacións do Recinto Feiral de Amio, un treito urbán que se fará nas inmediacións do Estadio de San Lázaro e ao igual que o ano pasado: o II Salón do Motor.
Recorda que toda a información que
precises como participante ou afeccionado poderala atopar facendo click na placa da esquerda desta web ou aqui.
VENTA DE ENTRADAS DO TREITO URBAN. 14/10/2010
Como moitos afeccionados sabrán xa, este ano no rali Botafumeiro contaremos cun treito urbán que pasarán polas rúas da cidade de Santiago. Para o treito puxéronse xa a venta as entradas que se poderán aquirir na sede da Escuderia Compostela (aqui), ou este fin de semana no Slalom de Touro (domingo 17) e no Karting de A Coruña o próximo domingo 24. Membros da Escuderia atoparánse por alí, asi que, se pensas acercarte ata Touro ou a Coruña terás a oportunidade de mercalas. Prezo: 5 €.
Actualización:
Entradas tamén están dispoñibles en Celme, Rua das Orfas 1, Santiago de Compostela.
II SLALOM DE SARRIA. COMUNICADO DE PRENSA. 20/9/2010
Día soleado, afluencia de público masiva, boa participación (26 pilotos na grella de saida) e unha organización a altura das circunstancias foron os ingredientes necesarios para que o II Slalom San Xoan de Sarriá fose un éxito total.
Nun circuito urbán con zonas lentas, zonas rápidas e unha gran rotonda central (onde pilotos como
Jose Fernández Gay fixo as delicias do público asistente), os pilotos tiveron que afinar moito para acadar
un tempo que lles permitira estar no mais alto da clasificación.
O anfitrión e alma mater da proba Marcos Rodríguez “Pontenova” consigueu un triunfo loitado á decima
con Juan Lojo que solo puido ser segundo. Mala sorte para Pedro Villar, que na primeira manga
oficial penalizaba e na segunda unha averia impediulle terminar o recorrido.
Con este resultado o campionato ponse si cabe mais apretado e interesante de caras as últimas citas
do campionato.
Clasificación Xeral Final
Clasificación 1º manga
Clasificación 2º manga
PEDRO LUIS CASTAÑÓN JR. ALCANZA A 4ª POSICIÓN NO OPEN DE ESPAÑA DE CIRCUÍTOS
O piloto compostelán Pedro Luis Castañon Jr alcanzou á cuarta posición na 3º proba puntuable para o Campionato de España de Prototipos celebrada este fin de semana no circuíto de Motorland en Aragón, a pesar da incendio do seu coche nos entrenamentos.
O bravo piloto do equipo Noyamóvil Competición, sufriu como nunca nunha carreira que se torceu dende o principio por causa dun motor que non rendeu como debería. Aínda que o rapidísimo circtuíto de Motorland, coas súas longas rectas era moi desfavorable para o seu motor K6, fronte aos actuais K8 da competencia, os tempos non eran nada de lóxicos, e achacaronse dende o principio a un mal rendemento do motor, o cal por desgracia corroborouse coa rotura do propulsor nos entrenos cronometrados provocando o incendio da parte posterior do Silver-car S1 de Castañón.
Durante a noite a asisencia do piloto galego conseguiu resolver todos os problemas da carroceria e sustituir o motor roto por un de reserva, presentándose no parrilla de saida na 6º posición que lograra no entrenamentos oficiais, a pesares da rotura.
Na primeira carreira a organización
decide dar unha duración de 4 voltas mais que as establecidas para esta carreira o que provocou que o Silver-car de Castañón quedase sen gasolina a dúas voltas do final, perxudicado por ser o único modelo que ten homologado un depósito de 15 litros, con 5 menos de capacidade que os da competencia, cando chegara a ocupar a segunda posición ata que un problema co selector do cambio, a raiz do incendio do sábado, faciao baixar á cuarta praza na que rodaba con tranquilidade cando se lle parou o coche.
Na carreira final os comisarios deportivos acordan reducir en duas voltas a duracción da carreira ante a evidencia de que o percorrido é demasiado para a capacidade destos vehículos. O piloto de Noyamóvil competición logra alcanza unha magnífica 4º posición a pesar de ter que pilotar toda a carreira mais pendente do seu consumo que de rodar o mais rápido posible.
En definitiva a pesar das circunstancias moi adversas, o equipo traese un resultado que firmarian antes da carreira, sobre todo tendo en conta a rapidez deste circuito que se adapta moi pouco as características do Silver-car S1.
Declaracións do piloto: "Hemos tenido mucha suerte con el incendio de ayer y nuestra asistencia ha trabajado toda la noche para tener el coche a punto para la carrera . Fué mérito suyo lo logrado hoy porque nadie de los que estaban allí y vieron el estado del coche, ni yo mismo, pensaba que podrían tenerlo listo y al final nos hemos traído un muy buen resultado. Quedan 2 carreras y es muy triste saber que podemos optar a ganar y que la inferioridad de nuestro coche, más antiguo, nos lo impide, pero es lo que hay. Esperemos que llueva en las dos útlimas carreras, si no..".
De novo Noyamóvil Ocasión, Movilidade Solutions, Gráfica de Asturias, Compostela Gráfica e Lisboa Talleres contribuiron a que Castañón Jr. poidese estar nesta carreira.
GRAN RESULTADO DE PEDRO LUIS CASTAÑÓN NO SEU DEBUT NO NACIONAL DE CIRCUITOS20/05/10
O xoven piloto compostelán, de 18 anos, Pedro Luis Castañón, debutou este pasado fin de semana, aos mandos dun Silver-car S1, no Open de España de Prototipos, con unha espectacular actuación nas dúas carreiras desputadas no Jarama.
A pesares de que o vehículo do santiagués é unha Evolución 1, fronte ao material máis moderno dos seus competidores, xa nos entrenos libres do venres deu a sorpresa ao facer o segundo mellor tempo, conseguindo nos entrenos oficiais do sábado, un magnífico 6º posto.
Na primeira carreira, desputada o sábado, Castañón logrou ascender ata a terceira posición, aínda que graves problemas cos freos fixéronlle conservar o cuarto posto ata a última volta, na que definitivamente tivo que abandonar por saída de pista ao quedar sen pedal de freo na última curva do circuito.
Cara a segunda carreira, disputada o domingo, a súa asistencia solventou como puido os problemas de freada, aínda que se partía co handicap de ter que sair na última línea de parrilla por abandono o día anterior.
Nesta manga final o bravo piloto da Escudería Compostela, logrou unha espectacular remontada dende a 14º ata a 6º posición final, coa que tivo que conformarse ao aparecer de novo os problemas de freos, sendo os seus adiantamentos un dos puntos de interés desta disputada cita.
Declaraciones do piloto: “Todos en el equipo estamos felices por este resultado que no esperábamos y con el que ni soñábamos unos días antes de la carrera, sobre todo por mi inexperiencia. Fue bastante duro lo de la salida del sábado a una vuelta del final y yendo cuartos. No es nada agradable llegar a una curva tan rápido y ver que no tienes pedal de freno. Es de agradecer tanto a Juan como a Joaquín, nuestra asistencia en esta carrera, todo lo que trabajaron para reparar el coche y para darme confianza para salir el domingo desde la penúltima plaza y con el miedo en el cuerpo por el tema de los frenos”.
“No sé como agradecer, a Noyamóvil Ocasión, Mobilidade Solutions, Talleres Amio, Mayores,
Gráfica de Asturias y a Compostela Gráfica el que con su patrocinio me hayan permitido vivir esta experiencia de competir con este coche y en un circuíto como el Jarama”.
EQUIPO PATROCINADO POR NOYAMÓVIL OCASIÓN, MOBILIDADE SOLUTIONS, TALLERES AMIO, MAYORES, GRÁFICA DE ASTURIAS, COMPOSTELA GRÁFICA
CELEBRADO O II SLALOM CIDADE DE SANTIAGO CON VICTORIA DE JUAN LOJO18/05/10
Apretada final do II Slalom Cidade de Santiago con victoria final para Juan Lojo quedando tan só a
230 milésimas do segundo clasificado Angel Lago, e a 826 do terceiro, Marcos Rodriguez Ribas.
O día discorreu sin ningún incidente y viviuse un bonito día de carreiras nun trazado, selectivo, sinuoso, con zonas lentas, rápidas e algunha que outra espectacular.
A carreira estivo animada polo malabarista Paulo Martinho, o cal entre a 1ª e a 2ª manga e ao final da 2ª manga deleitounos cun bonito espectáculo, coas suas cabriolas a bordo de diferentes vehiculos.
Os mellores pilotos da especialidade estában inscritos, agás Celestino Iglesias que a última hora non puido vir. Indicar tamén a presenza de público, cifrada en maís de 1000 persoas, as que asistiron na tarde do luns ao Recinto Feiral de Amio.
O PRÓXIMO 15 DE MAIO II SLALOM CIDADE DE SANTIAGO6/05/10
O II Slalom Cidade de Santiago celebrarase no Recinto Feiral de Amio o próximo día 15 de maio, a partir das 12:30 da mañán. Contaremos coa presencia de Paulo Martinho, vello coñecido en Galicia, que nos traerá o seu espectáculo. IMPORTANTE:Por motivos alleos a organización a Escuderia Compostela vese na obriga de aprazar a proba para o dia 17/5/2010.
MIGUEL A. LAGO CRIADO CAMPIÓN DO IV SLALOM VILA DE MUROS29/03/10
Celebrado o IV Slalom Vila de Muros Memorial Manuel Lojo, con moítisima afluencia de público.
O circuito diseñado para esta edición foi de agrado para todos os pilotos pois tiña zona lenta, rápida, subida, baixada, etc.
O actual campión galego de slalom Juan Lojo, non puido alzarse coa victoria na proba da casa, por un erro cometido na última manga, e viuse abocado á 5ª plaza final.
Lista de inscritos
Reglamento
Clasificación Manga entrenos
1º Manga oficial con penalizacións
2º Manga oficial con penalizacións
Clasificación Xeral Final Oficial
ENTREGADA A LICENCIA A PAULA SUAREZ, GAÑADORA DO SORTEO: PARTICIPACIÓN NUNHA PROBA DE AUTOCROSS CON TODOS OS GASTOS PAGOS13/01/10