XXII RALI BOTAFUMEIRO II SALON DO MOTOR
   
  Por segundo ano consecutivo a Escuderia Compostela leva a cabo o
II Salón do Motor, que se celebrará paralelamente co 22º Rali Botafumeiro e que se poderá visitar nas instalacións do Recinto Feiral de Amio, durante o venres dia 19 e o sábado 20, e por suposto a entrada será de balde.
Os principais concesionarios de Santiago estarán presentes amosando as últimas novidades nunha cita onde o mundo do motor será o principal protagonista, non faltes!
   
 
   
  Noticia de última hora: Confirmada a presencia do Skoda Fabia S2000 de Alberto Hevia, piloto oficial da marca, no stand de Skoda.
   
 
  Fotografia:Wikipedia.