ESCUDERIA COMPOSTELA
 
 
 
 

 

XXI RALI BOTAFUMEIRO

  CELEBRADO O XXI RALI BOTAFUMEIRO CON VICTORIA DOS IRMÁNS BURGO. MANUEL SENRA E ALBERTO MEIRA ACOMPAÑÁRONOS NO PODIO 16/11/09
  Tras unha noite de venres que ameazaba con suspender o rali, a organización logrou levar a cabo unha proba moi dura para os pilotos debido o mal estado das estradas. A pesar de todo, os irmáns Burgo non concederon opcións e leváronse para casa a victoria da última proba que pechou o calendario galego de ralis.
Manuel Senra a bordo do seu 306 Maxi copou a segunda praza no podio e Alberto Meira a terceira posición.
En canto as copas de promoción, no Volante RACC victoria de Martín Bello, na Driver Junior victoria para Pablo Moledo, na Driver Senior Martín García Martínez, na Racing Kentes Senen Vázquez Fernández e finalmente na Sprint Kentes David Rodríguez Sanmartín.
No grupo A victoria para Pedro Burgo, en grupo N para Alberto Meira e no grupo X para Manuel Senra.
Clasificación xeral
Clasificación final por clases
Clasificación final por grupos
 
 

Clasificación final do Campionato Galego de Ralis:
Xeral:
1-Burgo
2-Meira
3-Rico
Grupo A
1-Burgo
2-Rico
3-Meira
Grupo N
1-Meira
2-Cousiño
3-Oscar López
Grupo X
1-Edgar Vigo
2-Vilariño
3-Rubén Santas

Finalmente agradecer a todos os pilotos e copilotos pola sua participación, patrocinadores e concellos, escuderias, protección civil, organización en xeral e por suposto a afición por acercarse ata Santiago a pesares do mal tempo que fixo.
Saudos e ata o ano.

  LVdelunsavenres 16/11/09
 

"Pedro Burgo cumpre co guión"
Descarga o xornal. Páxina 12.

   
  PRENSA
  "Un Botafumeiro para los Burgo"
El Correo Gallego
  "Pedro Burgo dominó con autoridad el Rali Botafumeiro."
La Voz de Galicia
   
  Presentación XXI Rali Botafumeiro
 

Presentacion XXI Rali BotafumeiroFoto:El Correo Gallego
"Más de 123 equipos cierran la temporada en Compostela"
El Correo Gallego

  LVdelunsavenres 13/11/09
  "Santiago despide a tempada ao grande"
Descarga o xornal. Páxinas 13 a 17 (13/11/09).
   
  Convidado de excepción
 

O copiloto mundialista Marc Martí, estará este venres na sede da Escuderia Compostela e mañá sábado na saída do rali, e compartirá as suas experiencias con tódolos participantes do Rali Botafumeiro.
Martí que actualmente acompaña no asento dereito a Dani Sordo, é considerado un dos mellores copilotos do actual mundial de ralis e tamén tivo o privilexio de copilotar o bicampeón do mundo Carlos Sainz.

 

Marc Martí
Foto:danielsordo.com

   
  Descargar cartel XXI Rali Botafumeiro