| |
HISTORIA
O piloto
Eulogio Viñal “Locho” é un empresario da localidade de Sigüeiro ao que sempre lle atraiu a competición. “Recordo que cando participaba en ralis co meu curmán César nun Renault 5 Copa alá polo ano 82, Locho que naquel momento contaba cuns 10 anos de idade pasaba horas en Talleres Suárez de Sigüeiro esperando a que houbera que mover o coche para así poder porse ó volante e conducilo, inda que só fora unha maniobra para cambialo de ubicación no taller”.
O tempo foi pasando e xa o fronte da súa empresa apoiou económicamente o Rali Botafumeiro nalgunha ocasión e ó Equipo de Adrián Raña tanto no Seat Marbella como no Fiat Cincecento.
A principios deste ano debido a súa amizade co piloto de Valga, José Ramón Seco tivo a aportunidade de probar a barqueta Suzuki Outeda e decidiu comprala, desta forma iniciase no mundo da competición, en concreto na especialidade de montaña da forma máis difícil, nun vehículo cunhas prestacións impresionantes.
Despois de dez voltas no circuito de karting de Mosteiro e no de A Magdalena debuta na Subida a Castro de Beiro. Logo participa na Subida a Estrada (en mollado e con slicks) e na última, ata o de agora, na Subida o Pereiro, onde xa se lle aprecian melloras palpables na pilotaxe.
Equipo
Piloto: Locho.
Pintor: Juan, chapistería Sigüeiro.
Rotulista: José Antonio Veiga.
Colaboradores: Eva, Rosa e Xiao.
Mecánicos: Dito, Luis e Millos.
Asesor: Pedro .
Vehículo
Barqueta Suzuki Outeda Mk I.
Motor: Suzuki Hayabusa 1300.
Potencia: 200 cv aprox.
Cambio: Suzuki Hayabusa 6v con autoblocante.
Peso: 450 kg.
Aceleración 0/100: en torno a 3,5 s.
Velocidade máxima: 160 ó 200 km/h según desarrollo.
Neumáticos: Avon, específicos para montaña.
Patrocinadores
Eulogio Viñal Obras y Construcciones, Construcciones Iglesias Mera, Construcciones Canarga, Excavaciones Midón, Chapistería Sigüeiro, Cadena 100 (Radio), Rotulaciones José Antonio Veiga, Grupo Sumifer, Electrifer y Comofacil.com |