| |
Dende o pasado mes de abril, a Escudería Compostela reonovou a súa Xunta Directiva. César Raña abandonou a Presidencia, cargo que pasa a ocupar Manolo Ramos. O novo equipo chega con moitas gañas de facer do deporte do motor un referente en Compostela, tendo planificado para o presente ano varias probas a organizar polo club, ademais de colaborar estreitamente con varios clubes en distintas probas. Slalom de A Estrada, Subida A Estrada, Rali do Albariño, son probas nas que membros de Escudería Compostela xa teñen confirmada a sua colaboración cos organizadores. A máxima prioridade pasa por organizar o Rali Botafumeiro, na que será a súa vixésimo primeira edición no mes de novembro. Que poida ser unha realidade está moi directamente suxeito o apoio que o Concello de Santiago de a proba, e como en anos anteriores os Concesionarios de Marcas de Automobiles, cos que xa se tiveron contactos, e mostraron o seu interés en implicarse co Rali de Santiago e a sua Comarca.O novo equipo chega con folgos, e tamén están previstas outras tres probas para o ano 2009. Unha subida, que se pretende organizar en Xullo. Dous Slaloms, un no vindeiro mes de Xuño e outro no mes de Outubro ou Novembro. Outro dos obxectivos do club e conseguir que os distintos equipos de competición que afrontan este ano, e nos vindeiros os distintos calendarios dos campionatos galegos, formen parte activa do club. A viabilidade de todos estes proxectos pasa, ¡como non!, por acadar os recursos economicos precisos, ademáis de intentar obter recursos propios no club que contribúan a darlle un maior pulo a Escudería. Como primeira iniciativa, están a venta unhas rifas, polo módico prezo de UN EURO (1 €). Dúas rifas diferentes con premios diferentes, unha para que a afortunada ou afortunado poida disputar unha proba de Autocross do Campionato Galego, con prácticamente todos os gastos pagados. A outra ofrece como premio, copilotar no Rali Botafumeiro ó "Vehículo 0".
A Escudería Compostela, como non podía ser doutro xeito, agradece a tod@ @s afeccionad@s a colaboración co club. A nova Xunta Directiva queda como segue:
PRESIDENTE
Manuel Ramos Iglesias
VICEPRESIDENTE
César Raña Caamaño
SECRETARIA
Keti Fernández Vázquez
TESOUREIRO
David Ponte Lois
VOCAIS
Julia Brea Lavandeira, Verónica Iglesias Castro, Cecilio Lorenzo Turnes, Francisco Javier Rozas Losada,
Uxío Gómez Ferreiro, Adrián López Sobredo, Manuel Puga Sexto, Pablo Brea Lavandeira,
Diego Iglesias López, David Calvelo Otero. |