ESCUDERIA COMPOSTELA
 
 
 
Click para ampliar imaxe   Click para ampliar imaxe   Click para ampliar imaxe   Click para ampliar imaxe   Click para ampliar imaxe  
 
_P. L. CASTAÑÓN OBTEN O QUINTO POSTO 27/10/09
 


PEDRO LUIS CASTAÑÓN OBTIVO O QUINTO POSTO NA ÚLTIMA E MÁIS DISPUTADA PROBA DA X 30 CUP EN PORTUGAL


O piloto compostelán, Pedro Luis Castañón López, do equipo Noyamóvil Competición, consiguiu este fin de semana un magnífico 5º posto no Karting de Vila Real, última proba puntuable para o Campionato portugués da especialidade.
Castañón competía por primeira vez neste circuito, o que a priori era un serio handicap para todo o seu equipo,
o ser o trazado de Vila Real o máis técnico do Campionato polos sues rasantes e curvas cegas.
Dende o primeiro momento, todo o equipo tivo que traballar na posta a punto do Swiss Hutless do piloto compostelán, ata lograr a 5ª plaza entre os 15 pilotos que tomarian parte nos adestramentos oficiais. Menos de 3 décimas separaban o 1º do 8º lugar da parrilla, batindo todos eles o record do circuíto.
Na manga semifinal, Pedro Luis Castañón finalizaba no 6º posto, tras unhas largas 16 votas , o que o colocaba na 3ª linea de parrilla de saida para a última carreira.
Na final, de novo Pedro viuse envolto nunha dura loita, esta vez polo 5ª posto, entre catro pilotos que rodaron literalmente pegados durante 9 voltas, asta que o piloto que o perseguía e que optaba ó Campionato
nesta carreira intentaba un adelantamento ó límite, saíndose da pista, o cal provoca o corte do grupo.
A partires daquí, a loita centrouse nunha "toma e daca" entre o piloto compostelán e A. Correia que intentou, durante as 22 largas voltas da final, adiantar ó piloto de Noyamóvil Competición sen conseguilo; entrando en meta separados por unha décima de segundo.
O quinto posto final obtido nesta última e dura carreira, serviu para desquitarse dun complicado ano para o equipo compostelán, con múltiples problemas que lles impediron alcanzar as clasificacións merecidas. Ainda así,
conseguiuse loitar polos primeiros postos en cada carreira, sendo sempre o piloto español mellor clasificado,
nun campionato de máximo nivel como é o Portugués, considerado como un dos máis competitivos de europa.
De cara a próxima tempada o equipo patrocinado por NOYAMÓVIL OCASIÓN e por MAYORES SERVICIOS SOCIALES intentarán optar a metas maiores, esperando deixar atrás definitivamente os
infortunios deste 2009. Para elo contan de novo coa confianza do importador da marca Swiss Hutless
e do sue preparador ANTAS KARTING

--
PEDRO LUIS CASTAÑON
GA COMPETICIÓN
981573847
626274365