ESCUDERIA COMPOSTELA
 
 
 
  Cruzada   Bote   Podio    
 
_PEDRO LUIS CASTAÑÓN, SEGUNDO CLASIFICADO NA ÚLTIMA PROBA 27/10/09
 


PEDRO LUIS CASTAÑÓN, SEGUNDO CLASIFICADO NA ÚLTIMA PROBA DO CTO. DE ASTURIAS DE KARTING


O piloto compostelán Pedro Luis Castañón, do equipo NOYAMÓVIL COMPETICIÓN, finalizou na segunda posición na útlima proba puntuable para o Cto. de Asturias de Karting, celebrada este domingo, na localidade de Cangas de Narcea.
As dificultades para o equipo comezaron dende o mesmo sábado, xornada que tiñan programada para intentar rodar e facerse cas peculiaridades deste trazado, descoñecido para eles. No momento da chegada, o proveedor de neumáticos para este campionato comunícalles que non tiñan suficiente stock de compostos de choiva para poder surtir a todos-los pilotos, co cal fíxose necesario localizar un xogo de rodas, encontrando a solución, pero a mais de hora e media do circuiíto, con cal non se puido rodar ata entrada a tarde e durante non moitas voltas, para intentar non gastar unhs neumáticos cos que tiña que facer os recoñecementos do sábado e as dobles xornadas de clasificación e de carreiras do domingo.

A carreira do domingo celebrouse baixo unha persistente choiva, o que unido as baixas temperaturas que se rexistraban na zona, fixeron que o trazado da proba se convirtise nunha pista de patinaxe. Nos entrenamentos, a dureza dos neumáticos fixo que non se conseguise mais cunha última praza na parrilla de saida, cun tempo un segundo mais lento que os dos recoñecementos do sábado.
Na primeira carreira, trala mellor posta a punto para unhas circunstancias tan complicadas por parte do preparador ANTAS KARTING, tocaba intentar recuperarse e non sairse, conseguindo, Pedro Castañón, cun ritmo por volta un segundo e medio inferior aos obtidos nos entrenos, remontar e finalizar nunha magnífica segunda praza. O mais que se podía aspirar dadas as circunstancias e o ritmo do vencedor.

Na segunda carreira, o obxetivo era acabar entre os primeiros, pero, na segunda volta, a auga que entraba no carburador ao paso dun dos charcos do trazado, fixo que o motor perdese rendemento con un fallo constante a baixo réximen, que propiciou que os tempos por volta empeorasen bastante. Finalmente e a pesar dun trompo, o piloto compostelán puido finalizar en terceira posición na sua categoria, o que lle valiu, xunto co segundo posto da primeira manga, para subir ao podio da proba en segundo lugar.

Tras este resultado e o quinto posto obtido na última carreira do Cto. Portugués, confirmase a progresión do piloto santiagués e anima a todo o equipo para metas maiores na tempada 2010, contando de novo co patrocinio de NOYAMÓVIL OCASIÓN e MAYORES SERVICIOS SOCIALES.

--
PEDRO LUIS CASTAÑON
GA COMPETICIÓN
981573847
626274365